TELÉFONO: 986 52 09 02 ext #742  //  FAX: 986 52 11 45

Menú Principal

cartel zamburinas frontal

A asociación de comerciantes Zona Centro, o Concello de Cambados e a confraría San Antonio, organizan unha nova edición das xornadas gastronómicas da zamburiña que terá lugar desde mañá 30 de novembro ata o 5 de decembro.

Esta edición contará coa participación de 10 establecementos: A taberna do trasno, A casa de Miguel, Adega, A Cultural, O Pósito, Taberna de Triana, Restaurante Tío Paco, A dos Piñeiros, O Casal e a Taberna de Toñi. Todas as propostas venderanse a un prezo único de 6 euros e 12 euros se inclúe botella de albariño. O horario das xornadas será de 13 a 15 e de 20.30 a 22.30 horas.

Na organización das xornadas colabora a Deputación de Pontevedra e a depuradora Joaquín Fariña, entre outros.

 

desfile zona centro

A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro e o Concello organizan a terceira edición do Desfile de Moda. A cita terá lugar o vindeiro domingo 19 de novembro as 18:00 horas no Salón de Exposicións José Peña. O acto de presentación contou coa participación do presidente da Asociación, Juan Rey, o Concelleiro de Economía, Xurxo Charlín, xunto co responsable da empresa organizadora Hugo Andrade.

O evento contará coa participación de 22 establecementos entre tendas de roupa, calzado e deportes, barbarías, unha óptica e unha libraría. Entre o pases haberá dúas demostracións, unha de zumba e outra de artes marciais. Aproveitando este evento instalarase unha mesa informativa da asociación TDAH do Salnés, que tamén ofrecerá talleres para os máis pequenos.

Establecementos que participan no III Desfile de Moda

comercio desfile zona centro 2017
ParadorPinchoDulce

O Casal e o Parador do Albariño conquistaron ao xurado profesional, mentres que A Dos Piñeiros fixo o propio co popular. A entrega de premios desenvolverase o domingo ás 17.00 horas na Praza de Fefiñáns, dentro das V Xornadas de Degustación e Maridaxe.

A II Feira de Pinchos de Outono de Cambados contou con máis de 1.500 votacións. A cita, organizada por Cambados Zona Centro en colaboración co Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, desenvolveuse o pasado fin de semana nun total de dez establecementos hostaleiros da vila cambadesa. Cada un dos locais participantes presentou unha tapa doce e outra salgada, entre cuxos ingredientes se atopaba algún dos destilados con selo de calidade e orixe.

O xurado profesional, composto por membros do Consello Regulador, o Concello de Cambados e profesionais do sector, encargouse de valorar as elaboracións presentadas. Tras axustadas deliberacións e sempre destacando o alto nivel das propostas culinarias, o xurado profesional outorgou, dentro da categoría de petiscos salgados, o primeiro premio a O Casal; o segundo A Dos Piñeiros e o terceiro, A Cultural. Na categoría dos petiscos doces, o gañador foi o Parador de Cambados, mentres que o segundo posto foise para A Cultural e o terceiro para A Casa de Miguel.

OCasalPinchoSalado

 

A II Feira de Pinchos de Cambados tamén contou coas opinións do xurado popular. Das 1.535 votacións depositadas nas urnas, A Dos Piñeiros foi o establecemento vencedor en ambas categorías. En segundo lugar, na sección de petiscos salgados, quedou A Cultural, e en terceiro, Adega. No caso dos doces, o Parador de Cambados obtivo o segundo posto e A Cultural, o terceiro.

Premios para os clientes

Entre todos os clientes que emitiron os seus votos aos seus petiscos preferidos, Cambados Zona Centro realizou varios sorteos. Os agraciados son os seguintes:

Un lote de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia:

-María Aurora Pedreira
-María del Carmen Montes
-Estefanía Pérez

Bonos para ceas en cada un dos locais participantes (por valor de 30 €):

-Castor Cuiñas
-Aida Costa
-Minia Martínez
-Joaquín Cores
-Fernanda Rivas
-José A. Costa
-Vladimir Krisevyah
-Eladio Fernández
-Susana Domínguez
-Carmen Salgado

Vale de compra da Asociación Cambados Zona Centro por importe de 100 €:

-Marta Heras

ADosPinheirosSalado

Tanto os establecementos premiados cos galardóns do xurado popular (que recibirán unha placa conmemorativa) como do popular (que levarán un diploma), ademais dos agraciados no sorteo recibirán os seus respectivos premios o domingo 5 de novembro na Praza de Fefiñáns ás 17.00 horas. Este acto encádrase dentro da celebración do V Xornadas de Degustación e Maridaxe dás Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, que se desenvolverá durante todo este fin de semana en Cambados. O acto final será, xunto coa entrega de premios, o proceso de destilación en vivo na Praza de Fefiñáns.

pinchos outono 2017

Cambados Zona Centro presentou onte a segunda edición de Pinchos de Outono, que se celebrará entre o 27 e o 29 de outobro en Cambados. A iniciativa busca promocionar a actividade hosteleira local así como os augardientes e licores tradicionais de Galicia.

 

bases pinchos outono

bases pinchos outono 2