|
«Cambados Zona Centro» é un «Centro Comercial Aberto», é dicir, somos unha agrupación espacial de establecementos comerciais, de restauración, de ocio e socioculturais que se sitúa no centro urbano de Cambados. É unha zona onde mercar pode incluso chegar a confundirse co ocio, o encontro ou a activade cultural disfrutando dun entorno de calidade.
Os aspectos que definen un Centro Comercial Urbano son fundamentalmente tres: Imaxe unitaria da oferta, infraestructura urbanístico-comercial e xestión centralizada.
O Centro Comercial Aberto, Cambados Zona Centro, ó estar situado no centro urbano de Cambados dispón de vida propia, é unha zona onde residen os cidadáns e por esto está totalmente integrado na poboación, permitindo ós peóns ou usuarios doutros servicios que teñan sempre visibles os establecementos e os seus escaparates.
Outras das vantaxes son os anos de experiencia e os coñecementos dos nosos comerciantes, pero sempre adaptando a súa oferta ós novos tempos, e como non tamén o trato máis personalizado ós clientes, e a diversidade de ofertas das que dispón por estar situado nun entorno urbano, tanto culturais, como lúdicas ou dos distintos servicios que se atopan integrados na comunidade como son a sanidade, a administración?
O que se pretende é dar unha imaxe homoxénea e de calidade gracias á posta en común de servicios, á implantación dunha imaxe corporativa (mobiliario urbano?) e á presentación conxunta e unitaria de actividades de ocio e animación cultural.
En breve esperamos contar cun servicio de atención ó cliente, de reparto a domicilio, de gardería-ludoteca e de aparcadoiro gratuíto para facilitar que as túas compras sexan o máis cómodas posibles.
Cambados foi dende sempre un Centro Comercial Aberto, a principios do século XVII na Praza de Fefiñáns, antigamente Praza do Mercado, celebrábase o mercado tódalas cuartas feiras (mércores), tamén se celebraron mercados os domingos ata os anos 60 do século XX.
Na Praza de Rodas, antiga Praza Diaria, era onde se vendía o peixe e as verduras tódolos días ata a construcción da actual Praza de Abastos, de aí o seu nome.
Ó lado da anterior está a Praza da Leña que recibe o seu nome porque era o lugar onde se vendía a diario palla e leña.
En torno a estas tres prazas están a Rúa Real e Príncipe que eran as máis comerciais de Cambados, pero a estas fóronse unindo outras ó longo dos anos e xa na actualidade, dende decembro do 2002 temos Cambados Zona Centro que agrupa tódalas rúas comerciais do centro do pobo.
|